Instalación e configuración inicial

Os parámetros empregados pola comunidade para conectar coa rede MeshCore de Galicia e Portugal.

Contido actualizado o 2 de agosto de 2026.

Emprega o flasher oficial

Conecta a antena, selecciona o modelo exacto e instala o firmware correspondente ao papel que terá o dispositivo.

Escolle unha aplicación compañeira

Un nodo persoal con firmwareCompanionprecisa unha aplicación para configurar a radio, descubrir contactos, participar nas canles e enviar mensaxes. O proxecto presenta actualmente MeshCore App como a súa aplicación oficial.

Para comezar, esta guía toma como referencia a aplicación oficial. Existen clientes e ferramentas comunitarias, pero non deben confundirse coa aplicación presentada oficialmente polo proxecto. Os dispositivos autónomos compatibles poden empregarse desde a súa propia pantalla sen depender dun teléfono.

Preset de MeshCore usado en Galicia

Esta é a configuración de radio que se emprega actualmente na rede MeshCore de Galicia e Portugal. Non é unha configuración universal do protocolo: para comunicarse entre si, os nodos desta rede deben empregar exactamente os mesmos valores.

Preset
Portugal 868
Frecuencia
869.618 MHz
Bandwidth
62.5 kHz
Spreading Factor
7
Coding Rate
6

Escolle o papel axeitado para cada nodo

Nodo persoalCompanion

Dispositivo persoal conectado á aplicación para contactos, mensaxes e canles.

RepetidorRepeater

Amplía a cobertura da rede. Funciona mellor nun lugar alto e despexado e convén coordinar a súa instalación coa comunidade.

Servidor de salaRoom Server

Funciona como unha caixa de correos ou BBS e conserva mensaxes para recuperalas máis tarde. Non é o papel habitual para un primeiro nodo. A documentación oficial recomenda executar Room Server e Repeater en dispositivos separados para obter o mellor funcionamento.

Decide se queres publicar a posición

MeshCore pode incluír o nome, a posición e a chave pública do nodo nos seus anuncios. Para aparecer con posición nun mapa, primeiro debes configurala e despois emitir unadvert.

Companion

Activa a localización nun cliente compatible, comproba a posición proposta e envía un advert para publicala na rede.

Repeater ou Room Server

Configura a latitude e a lonxitude desde o configurador ou as ferramentas de administración antes de anunciar o nodo.

Actualización

Se cambias a posición dun nodo móbil, volve emitir un advert. Unha localización antiga pode continuar visible ata que os servizos renoven os seus datos.

Visibilidade nos mapas

No mapa de Mesh Noroeste, un observer debe recibir e publicar o advert. No mapa oficial de MeshCore, un Companion pode compartir manualmente un Repeater ou Room Server desde a lista de contactos.

Canles públicas de uso en Galicia

Cada canle identifícase cun nome e unha chave de 16 bytes. Ao publicarse aquí, estas chaves permiten que calquera persoa se una ás canles e lea as mensaxes. Non as empregues para información privada.

Public8b3387e9c5cdea6ac9e5edbaa115cd72
MeshGaliciaddb7ba9ae2a5721bf3d39b43066537ea
GALICIAf32e1d081e0fe4c4849be4324be2cbd9
Pontevedra822ed3f1942fa25f26b17cb75b7ffb74
ACoruñae2d2fd03ae70b8898b4e81a10b759247
Lugo2df1a282d744cd6f2c6b4d8021bf976f
Ourensefe14249467e76857b57a56728f9b2e9b
Monfortedbc3f014c8e6538399a42061fb0578b7
ASTURIASd5cdaa175360db3b7e84548e09501003

Evita anuncios e repeaters innecesarios

Auto adverts

Nos Repeaters e Room Servers, evita anuncios automáticos máis frecuentes do necesario. Como referencia conservadora, esta guía emprega un intervalo mínimo de 24 horas, salvo unha necesidade concreta que xustifique outro valor.

Repeaters

Colocalos preferiblemente en lugares altos e despexados, onde acheguen cobertura real.

Coordinación

Coordinar coa comunidade a instalación dun repeater axuda a evitar solapamentos e tráfico redundante.

Descubrimento

Os contactos poden tardar en aparecer. Mantén o nodo acendido e evita modificar continuamente a configuración.

Coordina coa comunidade a instalación dun repeater

A rede mellora cando os repetidores teñen unha localización útil e non duplican innecesariamente a mesma cobertura.

Abrir Mesh Galicia en Telegram