📡Cambio para nodo LOCAL (Bluetooth/Wifi)
🔹 Opción 1 (cambiar parámetros a man)
1️⃣ Abrimos configuración na app.
2️⃣ Abrimos o apartado “LoRa”.
3️⃣ Desactivamos “Usar predefinido/custom”.
4️⃣ Introducimos de forma manual os seguintes parámetros:
-
Ancho de banda: 62
-
Factor de dispersión: 7
-
Tasa de codificación: 5
5️⃣ Máis abaixo, en Sobreescribir Frecuencia, introducimos:
869.441650
6️⃣ Damos a gardar, importante non olvidar este paso. O nodo vai reiniciarse.
7️⃣ Finalmente entramos en configuración, e no apartado de canles seleccionamos o canal 0 ou principal e introducimos os datos:
-
Nome: SFNarrow
-
Contrasinal: AQ==
Tamén engadimos como canle 1 ou secundaria NarrowFast, para seguir conectados e falando co resto da rede:
-
Nome: NarrowFast
-
Contrasinal: AQ==
8️⃣ Gardamos e na seguinte pantalla prememos en enviar para pasarllos ao nodo.
🔹 Opción 2 (premer enlace automático)
Abrindo este enlace co nodo conectado prememos en “Reemplazar” e desprazándonos cara abaixo pulsamos "Aceptar". O nodo reiniciarase e xa teremos NarrowFast funcionando.
Abrir enlace de configuración automática
⚠️ Importante: Se usas este enlace sobreescribiranse as canles que teñas, inclúe as de Galicia e provinciais. Se tes outras, garda nome e clave para poder engadila de volta.
🗼 Cambio para nodos REMOTOS (LoRa)
⚠️ Antes do cambio
🔵 Sempre recomendable por bluetooth/wifi como primeira opción.
🛜 Acender o bluetooth do nodo remoto se está apagado como medida de prevención.
👤 Establecer máis dun admin a ser posible.
🧪 Facer a proba primeiro cun nodo accesible.
📶 Facelo con cobertura correcta e sen saltos a poder ser.
📖 Ler ben os pasos e aplicalos en orde.
1️⃣ Dende o nodo local accedemos á configuración do nodo remoto e dentro do menú de canais introducimos unha canle cos seguintes datos:
-
Nome: Custom
-
Contrasinal: AQ==
Gardamos e prememos en enviar. Non te preocupes se non ves logo a canle, está aí. Non o fagas dúas veces. Esta é unha canle de seguridade por se o proceso queda “a medias”.
2️⃣ Dende o nodo local accedemos á configuración do nodo remoto e no apartado LoRa desactivamos “Usar predefinido”.
3️⃣ Introducimos de forma manual os seguintes parámetros:
-
Ancho de banda: 62
-
Factor de dispersión: 7
-
Tasa de codificación: 5
5️⃣ Máis abaixo en Sobreescribir Frecuencia introducimos:
869.441650
6️⃣ Damos a gardar, importante non olvidar este paso. O nodo vai reiniciarse.
7️⃣ Realizamos o cambio no nodo local como se indica na parte de “Nodo local”, pasos do 1 ao 6. Ambos nodos deben ter canle “Custom” por iso non cambiamos o nome da canle no nodo local ata o final. Asegúrate que "Custom" está como canle principal para este cambio.
8️⃣ Unha vez se reinicie o nodo local teremos de volta acceso ao nodo remoto e configuramos a canle no remoto. Entramos en configuración, e no apartado de canles seleccionamos o canal 0 ou principal e introducimos os datos:
-
Nome: SFNarrow
-
Contrasinal: AQ==
Tamén engadimos como canle 1 ou secundaria NarrowFast, para seguir conectados e falando co resto da rede:
-
Nome: NarrowFast
-
Contrasinal: AQ==
Gardamos e na seguinte pantalla prememos en enviar para pasarllos ao nodo.
9️⃣ No nodo local cambiamos tamén o nome e contrasinal da canle. Paso 7 de cambio en nodo local. Con este último paso temos xa ambos nodos no novo preset.
🚀 Comezan as probas SFN+NF
