Grazas ao traballo e á colaboración dos compañeiros da zona, xa están activas novas mallas locais de Meshtastic na comarca da Limia e no contorno urbano de Ourense. 📡
Estas novas mallas funcionan co preset ShortFast e complementan a rede principal, que continúa funcionando en LongFast. Deste xeito, ambas configuracións poden coexistir e dar resposta a diferentes necesidades e escenarios de uso.
As mallas empregan a configuración por defecto da clave e da canle principal, facilitando a súa posta en marcha e a participación de novos nodos.
📡 Comarca da Limia
📡 Contorno urbano de Ourense
Unha vez máis, grazas aos compañeiros da zona por facer posible que a rede siga medrando! 🙌
