🌐 Por que establecemos as rexións?
📡 MeshCore entrega paquetes mediante flooding (inundación): cada nodo retransmite todo o que escoita, a diferencia doutros sistemas no que os roles regulan este fluxo.
⚠️ Deste xeito e sen restriccións, nas grandes redes mesh pode comezar a notarse un problema de escalabilidade: cada mensaxe do chat, cada ping e cada petición serían retransmitidos por todos os repetidores posibles, unha mensaxe enviada na canle "ACoruña" acabaría chegando ata Lisboa, consumindo tempo de antena con tráfico que, potencialmente, ninguén quere escoitar ou que nin sequera ten sentido fóra da zona na que se iniciou.
🗺️ As rexións chegan para solucionar este problema podendo aplicalas a cada canle individualmente no nodo companion.
🗼Para usuarixs que xestionen un «repeater»
📍 As rexións establecidas na rede galega son as seguintes:
-
galicia (a nosa)
-
europe (compartida con Portugal e Europa)
- pt (⚠️só para repetidores fronteirizos que den cobertura a Portugal)
-
pt-norte (⚠️só para repetidores fronteirizos que den cobertura a Portugal)
⚙️ Estas rexións aplícanse no repeater no apartado de rexións/scopes, abonda con introducilas e permitir o tráfico no caso de que saian cunha "x" vermella, aceptar cambios e reiniciar o repeater.
📡Para usuarixs que empreguen un «companion»
🔎 Podes engadir as rexións de forma manual ou utilizar a ferramenta "descubrir rexións".
✅ Unha vez agregadas establece a rexión "galicia" nas canles galegas de forma individual, deste xeito non desbordaremos tráfico innecesario cara os veciños do sur.
🤝 Entre todas e todos facemos unha rede máis eficiente, sostible e preparada para medrar.
